CRTVG

Buscar

A matriculación de vehículos caeu máis do 96% en abril

Publicado o 04/05/2020 15:26

O sector do automóbil aspira a darlle a volta a indicadores como o que coñecimos hoxe, o da
matriculación de turismos, que se derrubou máis do 96 por cento en abril.

Só se matricularon 4.160 turismos e todo terreo, a peor cifra en 20 anos, segundo datos dos fabricantes e vendedores. Os concesionarios estiveron pechados todo o mes de abril, polo que as escasas matriculacións corresponden a compromisos previos. En Galicia matriculáronse só 65 coches.

Noticias web

04/05/2020