A matriculación de vehículos caeu en febreiro un 39% en Galicia
Publicado o 01/03/2021 20:44
O mes de febreiro afondou na caída das vendas de turismos e todo terreos. En Galicia matriculáronse algo máis de 1.600 coches o que representa unha caída dun 40% en relación ao mesmo mes do ano pasado. Para o sector o motivo hai que buscalo nas restricións da pandemia.
En España as matriculacións acadaron preto dos 58.300 turismos, unha caída de algo máis do 38% que foi máis acentuada entre particulares. Por tipo de combustible, o mercado en gasolina e os diésel baixaron mentres que electrificados, híbridos e de gas aumentaron algo máis do 10%.
Neste contexto as marcas lanzan campañas de descontos.
Será no recinto de Espazo Coruña a partir do xoves nunha feira de vehículos de ocasión.