A materia de mobilidade sostible e segura impártese na rúa
Publicado o 11/02/2019 21:01
As alumnas e os alumnos deste colexio de Verín téñeno claro, á clase mellor andando ou en transporte sostible. Apréndeno na materia mobilidade sostible e segura que comezaron a impartir no coleixo María Inmaculada este curso os estudantes de segundo da ESO, unha hora á semana.
E tamén aprenden divertíndose da importancia de gañarlles espazo aos coches nas cidades. Unha materia coa que están encantados e dado o éxito de seguro quedará instaurada para vindeiros cursos.