CRTVG

Buscar

A matanza de cabalos en Oia foi premeditada e colectiva, segundo as investigacións

Publicado o 05/02/2019 14:27

A matanza dos cinco cabalos de Oia foi premeditada e puido cometerse en grupo. Así o apuntan fontes da investigación.

O Seprona segue buscando os autores da morte dos animais, aos que golpearon con barras de ferro. Unha investigación especialmente complicada pola falta de testemuñas e por tratarse dun lugar moi remoto.

Varios particulares, a asociación naturalista Anabam, gandeiros da Serra da Groba e a comunidades de montes de Mougás incrementaron a recompensa ata 2.500 euros por calquera información relacionada cos feitos.

Noticias web

05/02/2019