A máscara será obrigatoria en Galicia para competir en deportes de contacto
Publicado o 18/09/2020 10:22
Esténdese o uso da máscara a novos espazos. Será obrigatoria nas competicións deportivas. A Xunta vai autorizar a práctica de deporte federado, xa sexa individual ou colectiva, pero extremando as precaucións. Cada federación terá protocolos propios, pero a máscara será común a todos eles. Moitas familias e moitos colexios estaban á espera xustamente dunha decisión sobre as competicións en idade escolar.
Precisamente, no DOG publicado este venres, reflíctese que para a "realización de adestramentos e na celebración de competicións dentro da actividade deportiva federada" terá que empregarse a máscara "salvo que no protocolo correspondente se inclúan medidas alternativas de protección específicas".