CRTVG

Buscar

A máscara non debería ser motivo para renunciar á actividade física

Publicado o 19/09/2020 14:46

A máscara non é o complemento ideal para a práctica deportiva, pero tampouco debería ser motivo para renunciar á actividade física. A clave é rebaixar a intensidade.

Sesión de bodypump na Casa da Auga da Coruña. As pesas, os discos e os steps utilízanse para traballar todos os grupos musculares. A clase dura aproximadamente unha hora. Monitor e alumnos, sempre coa máscara posta. Isaac Rivas, que é instrutor de bodypump aconsella rebaixar a intensidade "falando co monitor ou o adestrador para intentar realizar o exercicio de forma controlada".

Hai que superar o proceso de adaptación. A clave é reducir a intensidade. A máscara non beneficia a actividade física, pero renunciar ao deporte non debería ser unha opción. Nas sesións de bodybalance ioga, taichí e pilates fusiónanse para conectar corpo e mente. A deporte volve ás salas coma esta de forma presencial, pero tamén hai a opción de seguir as clases online. No ximnasio ou desde a casa, o exercicio físico sempre é un aliado.

Noticias web

19/09/2020