CRTVG

Buscar

A masa de aire frío africano irase retirando da nosa comunidade paseniñamente

Publicado o 17/07/2017 08:51

Xa se desactivou a alerta laranxa na conca do Miño ourensá pero Meteogalicia mantén para hoxe o aviso amarelo porque aínda se esperan acadar ou superar os 36 graos en moitos lugares de Ourense

Xa se desactivou a alerta laranxa na conca do Miño ourensá pero Meteogalicia mantén para hoxe o aviso amarelo porque aínda se esperan acadar ou superar os 36 graos en moitos lugares de Ourense.

O valor máximo marcouse en Leiro, na comarca do Ribeiro, con 40,6 graos, e a 40 graos tamén chegou o termómetro en Ourense e en Vilamartín de Valdeorras. A do domingo foi unha xornada moi calorosa en boa parte de Galicia con temperaturas que superaron os 30 graos en moitos puntos do país.

O sol apertou con forza sobre todo no val do Miño ourensán. E boa parte da provincia superou os 36. E mentres subía o termómetro as rúas quedaban desertas e enchíanse as piscinas e as beiras do río. A auga fresquiña é o que mellor axuda a combater a calor. 

Calor tamén nas Rías Baixas con preto de 30 graos e bo tempo nas praias da Coruña. E tanto os que nos visitan do norte como do sur están encantados con estas temperaturas. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017