A Mariña e Costa da Morte agardan aumentar turistas nos festivos
Praias prácticamente baleiras malia o bo tempo e rúas que outros anos nesta data estarían cheas: é o panorama que se vive na comarca da Mariña luguesa pola imposibilidade de recibir turistas de fora de Galicia. Unha situación que agardan reverter nos días festivos pero sendo conscientes de que esta é outra semana santa atípica.
Marisol Rey, concelleira de Turismo de Viveiro, afirma que "houbo unha baixada clara pero estamos recibindo 200 visitas diarias na oficina de turismo, que non está mal."
Na Costa da Morte as reservas de última hora e o bo tempo están permitindo que a ocupación hoteleira se achegue ao 50% e aumente a demanda en restauración.
Os sectores turísticos da Mariña e a Costa da Morte fan un chamamento os galegos para que se despracen a esas zopnas a desfrutar das paisaxes, do mar e das actividades de lecer nestes días festivos.