CRTVG

Buscar

A Mariña comeza a dobregar a curva: baixan os contaxios e as hospitalizacións

Publicado o 06/08/2021 12:40

Esta quinta vaga da pandemia deixa na Mariña cifras de marca e imaxes coma esta: ringleiras interminables no covid-auto do hospital da comarca. Centos de mariñaos acudían cada día facer PCR, así durante as semanas en que a explosión de contaxios puxo a comarca en alerta vermella. A cifra de positivos situábase por riba dos 800. Hoxe hai case 200 menos. A comarca comezou a dobregar a curva.

"A tendencia na Mariña a é claramente favorable, co descenso de casos novos que aparecen a diario". explica Rafael Monte, director asistencial do HULA.

Descenden os contaxios, pero tamén os ingresos. O hospital da comarca arrancaba a semana con 12 pacientes covid, hoxe hai a metade.

"É verdade que a curva comeza a moderarse, empezan a darse altas dos pacientes positivos de hai dez e quince dias", di María José Cortés, directora do Hospital público da Mariña.

Aínda así os tres concellos máis afectados, Burela, Foz e Viveiro seguirán no nivel máximo de restricións, no alto seguen Ribadeo e Cervo e escala o de Xove.

Noticias web

06/08/2021