CRTVG

Buscar

A Mareona esgota as 2.000 localidades que mandou o Lugo e ateigará o Anxo Carro

Publicado o 25/10/2021 21:46

Case dous mil seguidores do Sporting de Xixón estarán o sábado no Anxo Carro. En apenas cinco horas esgotáronse as 1.900 entradas que o Club Deportivo Lugo lle enviou ao Spórting, a un prezo de 25 euros, para as bancadas de Xeral e Fondo Sur. Os billetes puxéronse á venda a partir das dez e axiña se formaron ringleiras de afeccionados no Molinón. A clásica Mareona volverá a Lugo, agora coa acollida ao completo. O equipo afronta unha semana tranquila para preparar o partido.

Noticias web

25/10/2021