CRTVG

Buscar

A marea rosa da Carreira da Muller recunca no asfalto da Coruña

Publicado o 17/10/2021 14:49

Dúas olímpicas galegas apoiaron a Carreira da Muller. A proba reconquistou o asfalto da Coruña despois da ausencia obrigada de 2020 e Teresa Portela e Belén Toimil non quixeron faltar á cita.

2.500 mulleres esgotaron os dorsais desta edición e volveron pintar de rosa as beiras atlánticas da cidade. Participan entre amigas, en familia ou individualmente. Completan os cinco quilómetros da proba para apoiar o labor da Asociación Española contra o Cancro.

Corren para concienciar sobre a importancia da prevención e para visibilizar o deporte feminino.

A gañadora fixo un tempo de dezanove minutos e dezasete segundos, aínda que o cronómetro é secundario na Carreira da Muller, que nesta ocasión tamén foi unha homenaxe a Pilar Marquiz, atleta veterana do Club Atletismo Sada, falecida esta mesma semana.

Noticias web

17/10/2021