CRTVG

Buscar

A Marea Galeguista reivindícase como a verdadeira forza progresista do país

Publicado o 26/06/2020 22:01

A Marea Galeguista escolleu Vigo para o seu acto central desta primeira xornada de campaña. O seu candidato mantivo este venres un encontro con empresarios da área metropolitana viguesa
Pancho Casal debullou o programa da súa coalición en materia económica e laboral. E asegurou que para que Galicia progrese é vital que o fagan as súas empresas.

Un país non pode vivir sen empresas, sen unha industria forte e transformadora, e son tan importantes as pequenas como as grandes empresas, todas son imprescindibles para o desenvolvemento dunha sociedade, di Pancho Casal.

Casal tamén advertiu da importancia das eleccións do 12 xullo, que vai máis aló, dixo, da propia lexislatura. E reivindicou a Marea como a verdadeira forza progresista do país.

Noticias web

26/06/2020