CRTVG

Buscar

A Marea Galeguista pide que os coidados na terceira idade sexan un dereito esixible penalmente

Publicado o 11/06/2020 16:21

A Marea Galeguista quere incorporar á Constitución e ao noso Estatuto de Autonomía a idea de que os coidados na terceira idade sexan un dereito esixible penalmente.

Anunciárono nunha marcha celebrada na Coruña e convocada co lema "Servizos Sociais 100% públicos".

Criticaron a existencia de residencias privadas e pediron a súa desaparición. Tamén piden explicacións á Xunta pola morte de 139 persoas neses centros.

 

 

 

 

Noticias web

11/06/2020