CRTVG

Buscar

A Marea Galeguista participa na marcha en defensa dun sistema público de residencias para maiores

Publicado o 24/06/2020 15:44

A Marea Galeguista apoiou en Santiago a marcha en defensa dun sistema público de residencias de maiores. O seu candidato á presidencia da Xunta foi un dos líderes políticos que apoiou as demandas.

Pide que os fondos de reestruturación europea se destinen a sanidade e coidados de maiores: "Esiximos que os 10.000 millóns de euros que teñen que vir para Galicia dos fondos europeos de reestructuración se dediquen, fundamentalmente, a sanidade e aos coidados. Non pode ser que as residencias sigan sendo privadas coas consecuencias que temos visto durante toda a pandemia", reclamou Pancho Casal.

Noticias web

24/06/2020