CRTVG

Buscar

A Marea Galeguista apoiará un tripartito entre socialistas, BNG e Podemos se Feijóo non revalida a maioría absoluta

Publicado o 29/06/2020 14:54

Man tendida da Marea Galeguista ás outras forzas de esquerdas. Se logran representación e Feijóo non renova a súa maioría, apoiarán un tripartito do PSdeG, o Bloque e Podemos.

"Se o BNG, o PSOE e Unidas Podemos chegan a unha maioría que poida formar goberno e para ese goberno son necesarios os apoios da Marea Galeguista, desde logo a Marea Galeguista vai apoiar a formación dese goberno", dixo María Chao.

"Sempre será o noso programa o que nos defina á hora de facer un acordo, e o que se pretende é que nós non entremos en ningún goberno", aclarou Orlando Villamayor.

Os números 2 e 3 da lista da Marea pola Coruña mantiveron hoxe un encontro con representantes do sector forestal, que consideran estratéxico.

Noticias web

29/06/2020