A Marea de Ferrol chama á confluencia
Publicado o 05/03/2019 16:16
En Ferrol van tomando forma as distintas candidaturas que se presentarán ás eleccións municipais de maio. A Marea de Ferrol presentou hoxe a súa lista facendo un chamamento á confluencia con todas as forzas da esquerda.
Bernardo Lorenzo, candidato Marea de Ferrol: "Do que se trata é de confluír nun mesmo espazo e despois reconfigurar todo, absolutamente todo, incluído o resultado das nosas primarias".