CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

A marcha dos turistas nótase nos mercados onde din que descenderon as vendas

Publicado o 01/09/2017 20:43


Comeza setembro e a maior parte dos turistas xa marchou cara aos seus lugares de orixe. Unha circunstancia que se nota nos mercados onde a venda de mariscos diminuíu de xeito notorio. Aos foráneos o que máis lles chama a atención son os percebes, o lumbrigante e os camaróns crus. Mesmo a algúns tamén os sorprende o prezo, tanto por barato como por caro.

Con pouca clientela. Así estaba esta mañá a praza de Lugo, na Coruña.
As vendedoras din que se nota xa unha baixada importante na venda de mariscos.



Percebes, lumbrigantes e, sobre todo, os camaróns crus, eran os mariscos que máis lles chamaban a atención aos turistas.



Mesmo a algúns tamén os sorprendían os prezos...



Con todo, confían que nesta primeira quincena de setembro sigan chegando turistas e con ganas de mercar marisco cociñado por eles mesmos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí