CRTVG

Buscar

"A marcha do aluminio" dos traballadores de Alcoa de Avilés chega a Madrid

Publicado o 24/06/2019 08:33

Os traballadores de Alcoa rematarán hoxe en Madrid a "marcha do aluminio" e despois van encabezar unha manifestación que terá como punto final o Ministerio de Industria.

Os que levan a cabo a marcha son uns 45 traballadores da factoría de Avilés, que partiron o pasado día 13 da localidade asturiana e este domingo transitaban xa pola comunidade madrileña. Hoxe uniranse a eles previsiblemente representantes da planta coruñesa de Alcoa. Piden que se explique máis polo miúdo o plan de salvación das dúas factorías porque temen que máis de cen traballadores queden sen recolocarse.


 

Noticias web

24/06/2019