CRTVG

Buscar

A marcha de Lobotka deixaría cartos para novas fichaxes do Celta

Publicado o 07/01/2020 16:28

O normal é que Lobotka marche. E marche nas próximas horas. Non estaba centrado para medirse co Osasuna e o acordo de saída está preto.

O Nápoles pedía vinte e cinco millóns de euros, a clausula é de trinta e cinco, e o todo indica que a operación se vai pechar en vinte millóns.

Lobotka custáralle ao Celta menos de cinco millóns de euros. Foi o que pagou o Celta ao Norjaellend danés. Sería outro éxito financeiro da entidade celeste. E habería cartos na caixa para fichar antes da fin de mes.

Noticias web

07/01/2020