CRTVG

Buscar

A Marcha Aspanaex cumpre 36 anos

Publicado o 06/10/2019 16:53

Trinta e seis anos leva percorrendo as rúas do centro de Vigo a Marcha Aspanaex. Hai quen estivo nelas desde o principio como Isabel e Marco.

Familias enteiras, amigos, grupos de mozos, rostros coñecidos e anónimos participan nesta carreira e andaina nesta trixésimo sexta edición dunha marcha que este ano ten un obxectivo moi claro. Ir recadando cartos para contribuír á nova residencia para persoas con discapacidade intelectual, que debería estar aberta en 2021 e ten un custo de case tres millóns de euros.

A marcha de nove quilómetros ten un percorrido circular comeza no parque de Castrelos e remata nel.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2019