CRTVG

Buscar

A maquillaxe, factor clave do Entroido

Publicado o 18/02/2020 21:33

O Entroido é troula e diversión, pero tamén irreverencia, onde cadaquén pode deixar de ser quen é para ser outro a través dos disfraces, as caretas e as máscaras.

Artista colombiano e coruñés de adopción Eros dá vida ás máscaras de Entroido coas súas creacións en que emprega a maquillaxe de fantasía.

Un dos seus últimos traballos é o da comparsa Amigos da Xoldra, gañadores do segundo premio do concurso de comparsas do Entroido coruñés deste ano, disfrazados de indianos.

Creacións cheas de fantasía que dan vida á maxia do Entroido.

Noticias web

18/02/2020