A manifestación pola lingua trasladouse aos balcóns e ás ventás do país
O legado de Carvahlo Calero espállase polo país a pesar da excepcionalidade deste Día das Letras.
Institucions e asociacións culturais botaron man da imaxinación e penduraron na rede unha morea de propostas.
Iniciativas coma a de Queremos Galego, que difunde esta versión do poema "A fala", de Manuel Maria, musicado por Uxía e Sergio Tannus, un canto colectivo en que participan creadores de distintos eidos.
Con todo, a platafoma cidadá, composta por seiscentas entidades, tamén celebrou este 17 de maio na rúa cunha ofrenda floral diante do busto de Carvahlo Calero en Santiago.
A tradicional manifestación a prol da lingua trasladouse este ano aos balcóns e ás terrazas. Baixo o lema "Xustiza, igualdade e cohesión", reclaman políicas que favorezan o uso normal do galego.
Nesta mañá das letras tamén se escoitou o Himno Galego. Foi na Aldea do Couto de Ponteceso, onde levan 37 anos celebrando esta data. A fundación Eduardo Pondal promove estes actos.
Tamén hai distintas propostas para achegarnos ás letras, como o reparto de preto de 3.000 libros en galego que fixo o concello de Ourense.
Carvallo Calero faría 110 anos en outubro, e na súa memoria plantáronse 110 carballos de xeito simultáneo en distintas localidades. Foi por inciativa da Fundación Monteescola e Verdegaia.
Celebracións na terra e no mar. Na Guarda a asociación Piueiro de embarcacións tradicionais estrea vela coa imaxe de Rosalia de Castro...
Invitacións a falar, escribir e cantar en galego todo o ano.