CRTVG

Buscar

Altercado entre grupos ultras na manifestación contra a independencia en Barcelona

Publicado o 12/10/2017 20:44

Milleiros de persoas contrarias á independencia de Cataluña volveron manifestarse hoxe polas rúas de Barcelona. Milleiros de persoas manifestáronse hoxe en Barcelona a favor da unidade de España e en contra da independencia. A marcha estaba convocada pola entidade Sociedade Civil Catalá e a ela acudiron líderes do PP e de Ciudadanos.

Unhas 65.000 persoas participaron este xoves na marcha convocada por Sociedad Civil Catalana en Barcelona. Á fronte da manifestación, unha pancarta co lema "Cataluña si, España tamén".Con esta marcha, os asistentes quixeron amosar o seu rexeitamento á independencia de Cataluña e a defensa da unidade de España. 

Os participantes corearon berros como "España Unida xamais será vencida" ou "somos españois, non somos fachas". Tamén pediron prisión para o presidente catalán, Carles Puigdemont e para o maior dos Mossos d´Esquadra. Algúns dos manifestantes increparon os axentes da policía catalá.
Entre os asistentes, líderes de Ciudadanos como Inés Arrimadas ou Jose Manuel Villegas e tamén representantes do Partido Popular no concello de Barcelona.

A convocatoria quedou ensombrecida por enfrontamentos entre dous grupos ultras. Ao rematar a marcha producíronse altercados entre dous grupos de ultras que acabaron a sillazos en plena rúa. Hai 20 persoas identificadas e un garda urbano ferido.Minutos antes, outras 300 persoas increparon os Mossos d´Esquadra acusándoos de traidores. Os axentes identificaron 15 manifestantes e confiscáronlles puños americanos, bengalas, pasamontañas, cadeas e bandeiras con simboloxía franquista. Outro pequeno grupo de ultradereita organizou unha marcha paralela na que se queimaron bandeiras catalás.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017