CRTVG

Buscar

A Mancomunidade de Ferrol pide carga de traballo para Navantia

Publicado o 29/07/2019 16:20

A Mancomunidade de Ferrol asinou unha declaración institucional reclamando carga de traballo para Navantia. Piden o apoio das distintas administracións, para paliar a falta de actividade que se vai producir no estaleiro dende agosto ata que comece a construción das fragatas F-110, prevista para dentro de dous anos.

"Cremos que é imprescindible manter os profesionais en actividade para que poidamos ter toda a capacidade de coñecemento no momento que arranque o programa de construción das F-110", dixo o alcalde de Ferrol, Ángel Mato.

"O que non queremos é que no futuro se poidan marchar desta comarca, e cando chegue a construción das fragatas atopemos que non temos profesionais para facer este traballo", explicou pola súa parte Javier Galán, presidene do comité de empresa de Navantia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/07/2019