CRTVG

Buscar

A mancha de fuel dun buque afundido achégase a menos de 70 millas de Xixón

Publicado o 27/03/2019 21:12

As 2.200 toneladas de fuel que levaba o cargueiro Grande América cando afundiu dividíronse en tres manchas que agora mesmo ocupan unha superficie duns 50 quilómetros cadrados. Unha delas mantense no lugar do afundimento, a outra está a 30 millas da costa francesa, e a terceira sitúase a 70 millas da costa española, nun punto entre Llanes e Xixón.

Salvamento Marítimo xa mobilizou o buque Alonso de Chaves e este xoves partirá desde Ferrol o Don Inda cara a zona para evitar que a mancha chegue a terra.

Estefanía Beltrán, conselleira de Seguridade do Goberno Vasco, "segundo os informes e as previsións de ventos do nordés fan pouco probable que algunha desas tres manchas chegue a terra, polo menos de maneira inmediata".

Con todo, as asociacións ecoloxistas piden que se extremen as medidas.

Theo Oberhuber, voceira de Ecologistas en Acción: "As medidas teñen que ser xa de ámbito estatal. En Asturias están en nivel 0, no País Vasco están no nivel 1, e necesitamos moiros máis barcos".

Ademais do fuel, preocupa tamén rescatar os 365 colectores que transportaba o Grande América, que seguen á valga en mar aberto.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2019