CRTVG

Buscar

A maioría dos viaxeiros do avión de Air Canada collen hoxe outro voo cara ao seu destino

Publicado o 04/02/2020 13:49

Aberta unha investigación para aclarar a razón pola que rebentou unha das rodas do avión de Air Canadá que aterrou de emerxencia no aeroporto de Madrid. Foron momentos de moita tensión os que se viviron dentro e fóra do aparello, pero que remataron da mellor maneira.

Pouco despois das sete da tarde, o avión de Air Canadá aterraba no aeroporto Adolfo Suárez, de Madrid.

E facíao sen grandes problemas para alivio do persoal de terra, pero sobre todo da tripulación e dos pasaxeiros.

O aparello estivera voando sobre Madrid durante catro horas para queimar combustible e reducir os riscos da aterraxe.

As autoridades españolas abriron unha investigación para aclarar porque rebentou unha das rodas do avión que acabou danando un dos motores.

Boa parte dos viaxeiros expresaron o seu desexo de esquecer canto antes o pesadelo vivido e esta mañá regresaron ao aeroporto onde a a aeroliña os reubicou en distintos voos con destino ao Canadá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2020