A maioría dos países europeos levantarán as resticións máis duras no Nadal
Publicado o 25/11/2020 15:20
Toda Europa traballa xa neses protocolos con vistas ao Nadal. A maioría dos países levantarán as restricións máis duras.
Un dos plans xa avanzados é o de Alemaña. Limitarán os encontros a 10 persoas e recomendan á poboación que faga unha corentena voluntaria antes de reunirse coa familia. E para falicitalo, van adiantar o inicio das vacacións escolares e recomendan ás empresas que pechen no Nadal ou que recorran ao teletraballo.
En Francia, haberá liberdade de movementos entre o 24 e o 31 de decembro, pero non se permitirán, por exemplo, as reunións na vía pública.
E en Italia aínda traballan no plan, pero avanzan xa que tentarán limitar os desprazamentos que non sexan esenciais.