CRTVG

Buscar

Barcelona e Madrid teñen complicado pasar á seguinte fase da desescalada

Publicado o 06/05/2020 14:50

A maioría das comunidades entenden que cumpren con eses requisitos e solicítanlle a Sanidade que lles autorice o paso á seguinte fase da desescalada, a que permite reunións de ata dez persoas, a apertura do comercio sen cita previa e das terrazas ao 50 por cento.

Pero hai algúns territorios que o teñen máis complicado: Castela e León non cumpre co esixido, polo que pide que pasen de fase só 26 zonas sanitarias do territorio. Cataluña podería deixar fóra do cambio de etapa a área metropolitana de Barcelona, a máis castigada.

E en Madrid a presidenta da comunidade considera que aínda non se cumpren cos requisitos porque a ocupación das UCI é moi alta. Unha opinión que choca coa do seu vicepresidente, Ignacio Aguado, que cre que Madrid pode pasar o luns á fase 1.

Será un equipo de técnicos do Ministerio o que tome cada decisión.

Noticias web

06/05/2020