CRTVG

Buscar

A maioría das cidades galegas están en rexistros máximos no tocante á covid-19

Publicado o 17/01/2021 15:04

A Coruña é o concello de Galicia con máis casos novos e acumula máis de 1.100 contaxios nas últimas dúas semanas, pero a situación é complicada nas sete cidades.

Se atendemos aos casos activos e a incidencia acumulada a 14 días nas sete urbes galegas principais, atopamos motivos para a preocupación. Ademais da cidade herculina, que tivo un aumento explosivo nos últimos días, tamén están en rexistros máximos Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e Ferrol. Pontevedra acumula datos negativos en varios indicadores. Só Lugo mantén un ritmo de contaxios inferior. 

 

Noticias web

17/01/2021