CRTVG

Buscar

A maior parte dos balnearios non teñen previsto abrir aínda as súas portas

Publicado o 09/05/2020 14:17

 Con máis de 3 mil prazas hoteleiras Galicia sitúase a cabeza de España en turismo termal pero a maior parte destes balnearios non teñen previsto abrir polo de agora as súas portas a pesar de que, como centros sanitarios, xa teñen implementado estrictas medidas hixénicas.

 

Unha nova normalidade que aínda non ten data. Nos balnearios do grupo Caldaría, por exemplo, non teñen previsto reabrir ao público en xeral ata que permitan a mobilidade entre provincias. O que sí porán en funcionamento canto antes, extremando as medidas sanitarias, son os servizos do centro de alto rendemento para deportistas. 

O mesmo acontece noutros recintos termais como as pozas que atopamos ao carón do Miño, en Ourense que continúan pechadas a espera de concretar un procolo que permita disfrutar estas augas únicas coas máximas garantías sanitarias.

 

Noticias web

09/05/2020