CRTVG

Buscar

A maior parte da xente ten ganas de retirar a máscara nos exteriores

Publicado o 18/06/2021 14:59

A de xente paseando ao aire libre coa máscara posta está moi preto de pasar á historia. En tan só oito días, o 26 de xuño, xa non será obrigatoria. Con todo, as opinións na rúa hainas para todos os gustos, e hai quen, por precaución, prefire aínda alongar o seu uso unha temporadiña máis.

A maior parte da xente si que ten moitas ganas de poder sacar a máscara no exterior. Con todo, deberemos seguir levando unha sempre no peto, precisarémola en interiores ou en zonas con moita xente.

Un gran paso na desescalada que terá lugar ese día, o 26 de xuño, que moitos xa marcan no calendario.

Noticias web

18/06/2021