CRTVG

Buscar

A maior nave loxística do porto de Vigo xa está en marcha e vai ser para PSA

Publicado o 24/09/2019 15:54

A planta baixa da maior nave loxística da fronte marítima viguesa terá 15.000 metros cadrados, destinarase a almacén e a cuberta habilitarase para estocaxe de vehículos de PSA e camións.

As empresas que aluguen o espazo terán vantaxes fiscais ao estar nunha área libre de xuros. O proxecto ten un orzamento de case dezaseis millóns de euros, cun prazo de execución de menos dun ano.

A construción desta infraestrutura chega nun momento chave para a economía, cun risco de brexit duro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019