CRTVG

Buscar

A maior mina europea de litio estará moi preto de Verín

Publicado o 09/04/2019 17:14

Ao litio chámanlle o ouro do século XXI. Dos montes deste pequena aldea de Cepeda, a 12 quilómetros da fronteira con Galicia, poderán extraerse ata 300 millóns de toneladas do mineral. Faltan aínda moitos trámites por facer, sobre todo os de impacto ambiental, pero espérase que o ano que vén estea funcionando.

A obra será colosal, con 10 quilómetros de túneles que tamén servirán para atraer turistas e dinamizar esta zona que agora vive da agricultura e a gandería. O investimento será duns 500 millóns de euros e empregaranse preto de 500 persoas.

Trátase do proxecto máis ambicioso da historia na raia seca, que por fin despega despois de varias polémicas e atrasos burocráticos.

Noticias web

09/04/2019