CRTVG

Buscar

A maior fábrica sidreira de Galicia agarda transformar 3.000 toneladas de mazá nesta campaña

Publicado o 07/10/2021 16:37

Son pequenos produtores de Chantada, algún tamén doutra zona de Galicia, agardando para descargar e vender as súas mazás.

En Chantada está a maior empresa galega que elabora sidra. Recibe e compra mazás, dende pequenos produtores ata asociacións e cooperativas que traen milleiros de quilos, con dúas condicións.

Unhas tres mil toneladas de mazá esperan recibir nesta campaña que comezou a semana pasada. Os anos impares dín soen ser os bos, e este éo.

Das zonas de Chantada, A Estrada e Ortigueira son os principais provedores. O que lles pagan varía entre 21 e 23 céntimos de euro o quilo, e se son ecolóxicas entre 26 e 31 céntimos. E son cada vez máis as mazás que chegan con certificación ecolóxica.

Pesado e control visual das mazás é o inicio dun proceso que continúa coa selección da froita, o cortado, a maceración e o prensado de onde se saca xa o zume que irá aos tanques de fermentación. Un proceso paralelo á campaña de recollida de mazá que se prolongará entre seis e oito semanas.

Noticias web

07/10/2021