CRTVG

Buscar

A Álvaro de Bazán, primeira fragata en saír de Ferrol tras o estado de alarma sen despedidas

Publicado o 22/06/2020 21:33


Para levar a cabo esta misión, a primeira desde que rematou o estado de alarma, os douscentos militares homes e mulleres que compoñen a tripulación da Álvaro de Bazán estiveron en corentena durante catorce días antes de embarcar. Todo para evitar posibles contaxios de COVID-19.

"A prioridade é preservar a saúde da dotación e a capacidade operativa do barco, por iso se tomaron medidas de corentena anteriores á saída, tests PCR e, neste caso, non puideron despedirse dos familiares, por iso hai menos familiares que en anteriores ocasións, porque é unha despedida un pouco especial", di o Comandante da 31ª Escuadrilla de Escoltas

Por iso os familiares que acudiron ao arsenal militar tiveron que conformarse con despedirse dos seus desde lonxe, xa que a tripulación tiña prohibida a baixada ao peirao.

"Digamos que, en comparanza con outras ocasións, é unha despedida un pouco diferente". "É a primeira vez que me coincide a despedida un pouco rara, pero ben, lévase ben"

A fragata Álvaro de Bazán abandonaba o porto de Ferrol a media tarde para integrarse na frota permanente da OTAN no Mediterráneo ata o próximo mes de outubro.

Noticias web

22/06/2020