CRTVG

Buscar

A luz volve caer este sábado pero mantense por riba dos 200 euros o megawatt

Publicado o 09/10/2021 15:12

O prezo da electricidade no mercado almacenista (pool) volveu a caer este sábado por segundo día consecutivo ata os 226,21 euros o megawatt hora (MWh), preto dun 1,3 % menos que o prezo fixado para este venres, cando se rexistrou o segundo prezo máis alto da historia.

Malia este novo descenso, o prezo da luz segue por riba da barreira de 200 euros/ MWh e é o cuarto máis elevado desde que existen rexistros, por detrás dos 288,53 euros/ MWh do xoves, os 229,2 euros/ MWh do venres, e os 228,59 euros/ MWh do mércores, todos marcados esta semana.

Ademais, o prezo da luz nunca antes estivera tan alto un sábado. Subiu un 30% con respecto a hai unha semana. O prezo máis caro será a hora entre as 9 e as 10 da noite cando acadará os 254,45 euros o megawatt por hora e a hora máis barata será entre as 5 e ás 6 a tarde a 176, 92.

Os electromésticos supoñen o 55% do gasto enerxético nunha casa. Só a neveira consome o 30%, a lavadora case un 12%. Poñela nas franxas horarias chamadas val, as máis baratas, é un das medidas de aforro dos consumidores.

Consumir cando é máis barato, hoxe será entre as cinco e as seis da tarde e partir das doce da noite ata as oito da mañá. Unha tarifa fixa, din, tamén é outra estratexia para aforrar.

Os consumidores cualifican de excesivas as subas que se veñen experimentando nos últimos meses, que baten todos os rexistros históricos e piden máis medidas ao Goberno.

E polo de agora os expertos sinalan que non vai deixar de subir. Este é o sábado co prezo da luz máis caro da historia o pico será entre as 9 e as dez da noite cando acadará os 254,45 euros o megawatt por hora.

Noticias web

09/10/2021