CRTVG

Buscar

A luz baixa hoxe case un 21 % e o Goberno negocia coas eléctricas solucións á escalada

Publicado o 08/10/2021 08:15

A vicepresidenta terceira, Teresa Ribera, abriu a rolda de contactos cos máximos responsables das compañías eléctricas para analizar a situación no mercado ante o incremento do prezo da luz. O primeiro encontro foi con Endesa, que o valora positivamente, xa que o Goberno abre a porta agora a cambiar o plan de choque que impacta directamente nos ingresos do sector.

O executivo calculaba recortarlles 2.600 millóns, pero na práctica, pola suba actual do gas, a perda de ingresos para as eléctricas practicamente se duplicaría, e por iso o Goberno acepta suavizar o decreto, que aínda está pendente de convalidación no Congreso, a próxima semana.

Esa posibilidade fixo que as eléctricas se dispararan onte na Bolsa e o IBEX rematou cun avance dun 2 %, o maior dende xullo. O prezo da electricidade freou hoxe a escalada cunha caída dun 21 % respecto a onte, pero aínda así segue en máximos: 229 euros o megawatt hora. É o segundo prezo máis alto da historia.


 

Noticias web

08/10/2021