CRTVG

Buscar

A luguesa Isabel Pardo de Vera, nova secretaria de Estado de Transportes

Publicado o 21/07/2021 13:37
A luguesa Isabel Pardo de Vera, nova secretaria de Estado de Transportes

A actual presidenta do ADIF, a luguesa Isabel Pardo de Vera, será a nova secretaria de Estado de Transportes, Mobildiade e Axenda Urbana, en substitución de Pedro Saura.

Con este nomeamento, que vai aprobar o próximo Consello de Ministros, Pardo de Vera convértese na número dous da nova ministra do Departamento Raquel Sánchez.

No Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) destacan o perfil xestor desta enxeñeira e directiva, indispensable para liderar a repartición dos fondos europeos.

Pardo de Vera, de 46 anos, naceu en Lugo, é enxeñeira de Camiños, Canles e Portos e ingresou en 2007 no ADIF a través dunha Oferta de Emprego Público e ata o seu nomeamento o 29 de xuño de 2018 como presidenta do xestor ferroviario exercía como número dous do anterior presidente Juan Bravo.

 

Noticias web

21/07/2021