CRTVG

Buscar

A luguesa Alessandra Aguilar recibe o "Papá Noel de Ouro" en Madrid

Publicado o 08/12/2019 11:26

Con máis de 6.000 corredores ataviados coa indumentaria típica do personaxe do Nadal como testemuñas, unha galega, Alessandra Aguilar, recibiu o "Papá Noel" de ouro en recoñecemento á súa traxectoria deportiva, antes da carreira celebrada esta mañá no centro de Madrid. Os corredores participaron este domingo, entre a néboa e o frío, na carreira que tivo lugar no centro de Madrid, polo paseo do Prado e a Castellana.

O disfrace era o condicionante básico para participar nesta proba de 5 quilómetros que se celebrou a 4 graos de temperatura.

Noticias web

08/12/2019