CRTVG

Buscar

A lúa chea dificultará este ano que poidamos ver ben as Perseidas

Publicado o 12/08/2019 21:29
A lúa chea dificultará este ano que poidamos ver ben as Perseidas

As Perseidas serán esta noite de novo protagonistas, porque hoxe será a mellor noite para avistalas. Din os expertos en astronomía, que a máxima frecuencia destes meteoros terá lugar nesta madrugada do 12 ao 13 de agosto. O problema será a luz que emitirá a lúa, que nun par de días será chea, e pode dificultar a visibilidade. Aínda así, esta noite é a mellor para observar esta chuvia de estrelas fugaces, que acontece cando a Terra cruza a órbita do cometa Swift-Tuttle. Ademais, parece que o tempo vai acompañar aos que queiran ollar cara o ceo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019