CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

A Lotería da Primavera deixa premios en Lugo e Culleredo

Publicado o 05/04/2014 21:29
Un veciño de Lugo resultou agraciado co primeiro premio no sorteo da lotería nacional de hoxe. Trátase dun xubilado que prefire manter o anonimato. Adquiriuno a través dunha máquina nunha cafetería situada no campus universitario.

A sorte volveu a Lugo en forma de primeiro premio do sorteo extraordinario de primavera da Lotería Nacional. Un cliente deste bar é o afortunado. Abonado ao número agraciado desde hai anos, cando o propietario do negocio llo comunicou o home non o cría.

"Díxenlle: que lle tocou o gordo e dime: 'que dis?' Que lle tocou o gordo. Despois, desde a ventá, cando me viña para aquí dime 'será verdade?' e logo veu ata aquí e estivemos falando un pouco".

Cada décimo do dezanove mil seiscentos vinte e tres está dotado cun premio de cento trinta mil euros. Despachouse a través desta máquina e de momento, o propietario do local descoñece se hai máis afortunados. No caso do cliente que xogaba ao número abonado, asegura que é un xubilado que traballou durante anos como autónomo.

"Cento trinta mil euros é o que lle toca, o que pasa é que hai que descontar o 20 %, así que lle van quedar uns cento seis mil euros. Despois de traballar corenta anos creo que vén ben unha compensación ao final da vida".

O número premiado no sorteo de hoxe tamén se despachou en Culleredo, entre outras administracións.
No que vai de ano, é o cuarto premio da lotería nacional que recae en Lugo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí