CRTVG

Buscar

A Lotaría Nacional reparte 210.000 euros en Boiro

Publicado o 11/09/2020 14:41

Boiro amenceu esta mañá preguntándose quen serán os afortunados aos que lles tocou o primeiro premio da Lotería Nacional. O Bocacho de Ouro, que así é como se chama a administración agraciada, repartiu 210.000 euros este xoves.

Carlos Vázquez, xerente da administración de lotaría O Bocacho de Ouro, asegura que os sete decimos premiados con trinta mil euros cada un foron vendidos no portelo.

Polo momento descoñécese quen foron os agraciados, pero foron moitos os que se achegaron á administración de Carlos para comprobar os seus décimos... algúns con máis sorte que outros.

Malia que á maioría non lles sorriu a sorte, alégranse polos premiados. Din que os 210.000 euros axudarán a revitalizar economicamente a vila.

O Bocacho de Ouro non é a primeira vez que repare premios importantes. O ano pasado deu un terceiro premio da Lotaría do Nadal e no 2017 un millón de euros do sorteo dos Euromillóns.

Noticias web

11/09/2020