CRTVG

Buscar

A Lotaría Nacional deixa polo menos 30.000 euros na Coruña

Publicado o 28/06/2019 14:26

Na Coruña seguen coa incerteza de quen será o gañador de case medio millón de euros que deixou a Bonoloto no sorteo do martes pasado. Pero non é o único afortunado na cidade herculina. Esta noite, outra persoa gañou 30.000 euros ao facerse cun premio de primeira categoría da Lotería Nacional.

Pasaron tres días desde que nesta administración de lotería da rúa Alcalde Marchesi, en Catro Camiños, tocaron case cincocentos mil euros e, polo momento, nada se sabe do agraciado.

E do que tampouco hai nin rastro é doutro afortunado que gañou 300.000 euros no sorteo deste xoves da Lotería Nacional. O premiado mercou o boleto nesta administración de lotería situada no interior dun centro comercial.

Porque din que non hai dúas sen tres e que a esperanza é o último que se perde.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019