CRTVG

Buscar

A Lotería Nacional deixa 600.000 euros no Carballiño

Publicado o 28/01/2019 14:30

Hoxe no Carballiño están de celebración. Unha administración de lotería acaba de repartir 600.000 euros na lotería do sábado. O mesmo establecemento xa dera o terceiro premio na lotería de Nadal.

A administración número 1 do Carballiño, coñecida como Loterías Prada, leva 70 anos repartindo premios. O último, o Gordo da Lotería Nacional do sábado. 600.000 euros á serie do número 14821, vendida na súa totalidade.

Pero isto non se trata dun feito illado. A administración, única na vila, acaba de repartir o terceiro premio da Lotaría de Nadal.

Os clientes habituais máis madrugadores que acudían, sen moita sorte, comprobar as súas apostas, descoñecían aínda a noticia, e amosábanse sorprendidos.

Polo momento, descoñécense os afortunados, xa que o máis probable é que vaian directamente ao banco cobrar o importe. Mentres tanto, dende a administración din que están a prepararse para repartir o Gordo, esta vez, no sorteo especial de San Valentín.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2019