CRTVG

Buscar

A lotaría do Neno espallou a sorte por toda España

Publicado o 06/01/2021 16:14

Os tres primieros premios estiveron moi repartidos. Ademais de en Galicia, o Gordo, o 19.570, vendeuse en varias localidades valencianas, León ou Zamora. 

O primeiro premio da lotaría do neno, o 19.570, repartiuse entre Valencia, Murcia ou Andalucía, pero tamén no País Vasco. Así celebraban o gordo en San Sebastian.

Tamén tocou en Barcelona, pero a administración Gato Negro estaba pechada esta mañá.
En Madrid, no paseo de Estremadura, venderonse 15 series.

O segundo premio, o 3.436 tamén espallou a sorte por moitas provincias españolas dende o Levante ata Cádiz, Xaén ou Tenerife.

Este terceiro premio, o 5.587, foi o máis repartido e vendeuse por case toda España.

Noticias web

06/01/2021