CRTVG

Buscar

A lonxa de Campelo recupera a súa actividade

Publicado o 26/01/2021 21:49
A lonxa de Campelo recupera a súa actividade

A pasada semana quedaran sen persoal para atender a poxa e suspenderon o marisqueo pola imposibilidade de venda.

Ante a aparición de casos de coronavirus, persoal das tres confrarías do fondo da ría, Lourizán, Pontevedra e Raxó participaron nun cribado voluntario e preventivo para detectar posibles infeccións entre estes profesionais.

Dos case cincocentos que realizaron a proba PCR, dezaseis deron como resultado positivo. 

Noticias web

26/01/2021