A lonxa de Burela acolle visitas guiadas para turistas
Publicado o 11/07/2019 22:12
Aproveitan as súas vacacións para coñecer de preto como é o día a día nunha lonxa de referencia como a de Burela. As visitas guiadas vanse prolongar ata o 31 de agosto. PAra algúns, sobre todo para os máis cativos, é todo un acontecemento.
Burela é a principal lonxa galega en pescada do pincho e bonito do norte. 300 barcos comercializan nas súas instalacións ata 114 especies diferentes de peixe. Durante o pasado ano as poxas coma esta a que podemos asistir durante as visitas guiadas subastaron máis de vinte millóns de quilos de peixe.