CRTVG

Buscar

A loita contra o plástico chega aos mercados semanais galegos

Publicado o 09/10/2019 14:10

Á primeira hora da mañá operarios do servizo de limpeza de Rianxo percorren os postos de venda do mercado repartindo os sacos nos que os vendedores deben recoller todo o lixo que xeran antes da marchar.

"Entregan unhas bolsas negras e nos ao acabar metemos todo o lixo, pechámolas e deixámolas no colector". "Vexo que queda todo máis ou menos metido en bolsiñas, hai xente que deixa algo que hai que controlar, pero ao acabar ves todo practicamente limpo", din os vendedores.

A medida é ben valorada tanto polos vendedores coma por clientes e veciños. Malia que a maioría dos vendores asegura que cumpre coa norma, son conscientes de que non todos deixan o espazo limpo e apelan á responsabilidade.

"Non nos custa nada se nos dan as bolsas meter todo dentro e atalo. Temos que ser responsables e o que non cumpra pois o sancionan".

Medidas sancionadoras que noutros concellos, segundo aseguran os vendedores, pasan por non permitir a instalación do posto durante dúas semanas ou sancións económicas que se moven entre os 150 e os 3.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019