A localidade portuguesa de Felgueiras rexistra un dos peores datos da covid de toda Europa
A segunda vaga da pandemia golpea Portugal. Hoxe estivemos na localidade que se converteu no epicentro da pandemia. Trátase de Felgueiras, situada no norte do país.
A situación é de tal caos que o hospital desta rexión chegou a colapsar.
A rápida transmisión do virus na localidade chama a atención dos propios veciños. Algúns dos gromos máis importantes producíronse nas fábricas de calzado onde traballan miles de habitantes da rexión, coñecida como a capital dos zapatos.
Con máis de 2.000 casos por cada 100.000 habitantes, esta localidade convértese en epicentro da pandemia no norte luso.
A alta incidencia do virus levou ao límite a capacidade do hospital de referencia do Val de Sousa. Chegaron a recibir 235 casos nun día.
O hospital chegou a concentrar o 10% de todos os pacientes de coronavirus do país luso.
As medidas pasan polo uso da máscara, o toque de queda ás 23 horas e a hostalería aberta, aínda que con horario limitado.
Aínda que nos últimos días as cifras de infectados en Felgueiras experimentaron unha lixeira melloría, é unha das 20 rexións de Europa con maior incidencia da pandemia.