A localidade ourensá de Niñodaguia conserva dous talleres de alfarería
A localidade ourensá de Niñodaguia foi un dos máis importantes centros de produción de alfarería en Galicia, e a súa cerámica é recoñecida pola súa cor amarela. Agora só quedan dous talleres e catro alfareiros, para revindicar o valor da súa artesanía xuntáronse e fixeron unha fornada nos fornos comunais que empregaban xa hai máis de 100 anos. Saben din que o seu é un oficio que vai desaperendo pouco a pouco.
Agustín e Enrique puxeron a funcionar despois de case 20 anos os fornos comunais onde cocían o barro en Niñodaguia hai xa 150 anos. Unha xornada para recuperar o valor do seu oficio e a súa historia.
Hai 40 anos aquí había 38 oleiros, unhas 60 familias que vivían da produción e venda de cerámica. Con todo, estes artesáns seguen apostando polo seu oficio e queren que os máis novos poidan coñecelo.
Xunto ao de Niñodaguia quedan outros tres centros de produción de cerámica en Galicia que seguen vivos, Buño, Gundivós e Bonxe.